#CAFETERIALASSO
Aberto de luns a venres
DE 9:30 A 16:30 H.
Pechamos sábados, domingos e festivos, agás aqueles nos que hai programación no Auditorio. Neses casos podes visitarnos dende unha hora antes da actuación.
Menú do día
DE LUNS A VENRES DE 13:30 A 15:30 H.
Elixe entre pratos fríos e quentes do noso autoservizo. Todos os días é diferente, anque a estrutura é a mesma: unha zona fría con diferentes ensaladas e unha zona quente con un prato de culler, un de peixe, un de carne, e un vexetariano.
*debido á situación sanitaria, modificamos temporalmente o noso sistema de comidas (antes bufete libre).
Cafetería & picoteo
DENDE UNHA HORA ANTES DAS ACTUACIÓNS
Quedamos no Lasso antes das actuacións do Auditorio? Somos o teu punto de encontro dende 1 hora antes das actuacións para que poidades tomar e picar algo! Apetece?
NOVIDADE: agora podes reservar o teu picoteo pre-show, sin esperas! Consulta aquí os menús e envíanos un whatsapp ou chámanos! 981573807
Menús picoteo pre show
Bolsa de picnic
MENÚ PARA LEVAR
Aperitivos, pausas café e menús para grupos
SERVIZOS PARA CONGRESOS, EVENTOS E REUNIÓNS DE EMPRESAS
Outros servizos
- Parking gratuito.
- Accesible.
- Elaboramos pratos sen gluten.
- Sempre temos pratos vexetarianos e/ou veganos no menú.
A NOSA HISTORIA
Lasso é a cafetería e restaurante do Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, que abre as portas o 22 de novembro de 2017 e que toma o nome do apelido materno do arquitecto do edificio, Julio Cano Lasso.
A cafetería enmárcase nun dos edificios máis emblemáticos da cidade de Compostela, inaugurado no 1989 ao mesmo tempo que se proxectou o Parque da Música de Compostela e o lago na parte traseira do edificio.
A este parque é a onde se abren as galerías de cristal do Auditorio que albergan a cafetería, que quedan voadas sobre o lago e que ofrecen fermosas vistas ao parque coa cidade histórica de fondo.
O AUDITORIO DE GALICIA
A cafetería Lasso sitúase no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela), onde se programan numerosos eventos culturais.
Podes consultar a programación na web cultural de Santiago: Compostela Cultura.
É tamén sede da Real Filharmonía de Galicia e da Banda Municipal de Santiago de Compostela.
Destacamos
Novas normas Covid19
Pola saúde de todos e todas, por favor, colabore para este espazo sexa seguro.
RESERVAS
CONTACTA
Síguenos nas redes
© Cafetería Lasso 2018 · Todos os dereitos reservados · Aviso legal · Política de privacidade